A Coruña, 14, 15 e 16 de Maio de 2008

Galego Castellano English

  Invitación
  Secretaría
  Organización
  Comités
  Sponsors
  Autores
  Inscrición
  Asistentes
  Programa
  Comunicaciones
  Stands
  Prensa
  Sede
  Cea
  Premio
  Viaxes e Hotel
  Edicións Anteriores
  Conclusiones
  Fotografía

Autores
Información para Autores

Pode participar nas conferencias ORP presentando os seus traballos aos congresos. Todos os traballos seleccionados publícanse nas actas, sempre que cumpran cos requisitos que a seguer se sinalan. Se vostede é autor/a de artigos nas diferentes áreas , animámolo/a a que nos envíe os seus traballos e participe destas publicacións.

Estado de avaliación das contribucións

El plazo para el envío de resúmenes de trabajos finalizó el 31 de enero. Puede consultar el estado de envío y revisión de los mismos a través de este enlace: REVISAR ESTADO DE TRABAJOS (se le pedirá ingresar la dirección de correo electrónico del autor principal).

Solicitude de Comunicacións

Invitamos a todos os autores a participar enviando os seus resumos, para o cal dispuxemos un sistema de envío electrónico dos mesmos.

É requisito que os autores se inscriban no congreso mediante o formulario de rexistro, sen que sexa preciso formalizar o pagamento do importe do congreso.

As contribucións serán analisadas polo Comité Científico, e tras a súa deliberación, anunciarase aos autores seleccionados o procedimento para realizar o envío dos documentos cos traballos finais.

Os artigos seleccionados non se incorporarán nas actas finais do congreso até que non se rexistre a formalización do pagamento da inscrición polo menos un dos autores do traballo.

As datas límite para o proceso de envío dos traballos, son aas seguintes:

Envío de Resumos (Abstract):
Jueves 31 de Xaneiro de 2008


Informe da preselección dos traballos:
Luns 11 de Febrero de 2008


Envío dos Traballos Completos e Peche da Edición:
Domingo 23 de Marzo de 2008
Idiomas

Os idiomas oficiais deste congreso son o Castelán, o Galego e o Inglés.

Actas do Congreso

As actas do congreso publicaranse en Mondelo, P; Mattila, M.; Karwowski, W.; Hale, A. "Proceedings of the Sixth International Conference on Occupational Risk Prevention". ISBN 84-934256-5-6

Se anima a todos los autores del ORP'2008 a remitir sus ponencias en inglés. Tras la celebración del Congreso, la Asociación Americana de Ingenieros de Seguridad, American Society of Safety Engineers, ASSE (www.asse.org) realizará una selección de las ponencias que considere más interesantes para sus miembros, y las publicará en Professional Safety (http://www.asse.org/professionalsafety/).

Ámbitos Temáticos e Sectoriais

As áreas de traballo para este congreso son as seguintes:

Seguridade no Traballo
Calidade do Aire en Interiores
Estatísticas Globais de Accidentabilidade e Sinistralidade
Ergonomía Ambiental
Xestión da Actividade Preventiva
Ergonomía Psicolóxica
Seguridade no Traballo
Ergonomía Aplicada
Hixiene Industrial
Psicosocioloxía Laboral
Formación na Prevención
Vixilancia da Saúde e Medicina do Traballo
Medio Ambiente
Epidemioloxía
Calidade
Auditorías dos Sistemas de Prevención e Calidade
Integración de Sistemas e Xestión Integrada
Aspectos Xurídicos da Prevención
Ética Empresarial e Responsabilidade Social Corporativa
Industrias de Proceso
Internet e Novas Tecnoloxías da Información
Seguridade na Construción
Protección e extinción de Incendios
Modalidades de Participación

Para este congreso, contémplanse as seguintes modalidades de participación por parte dos autores:

1.- Obradoiros e MeetingPoints: consisten en sesións de traballo onde os asistentes poderán observar e aprender metodoloxías aplicadas de avaliación de riscos profesionais. Os obradoiros están destinados a profesionais que estean interesados en aplicar estas metodoloxías ás problemáticas que enfrontan. Os MeetingPoints están pensados como puntos de encontro sobre temáticas afíns, coa fin de provocar a análise e discutir de maneira aberta ao redor dunha mesa redonda moderada.

2.- Conferencias: ofrecidas por expertos nacionais e internacionais nas diferentes áreas de traballo convocadas no Congreso.

3.- Comunicacións libres: os interesados poderán participar enviado traballos orixinais relacionados coas áreas do congreso. Estes traballos serán avaliados polo comité científico, e todos aqueles seleccionados serán publicados nas actas do congreso.

4.- Pósters: coa finalidade de potenciar a divulgación dos traballos prácticos realizados polos autores inscritos, contémplase a posibilidade de que podan ser expostos en forma de pósters ou cartaces ou outros mecanismos audiovisuais, cinxíndose sempre ás dimensións que se indicarán unha vez establecido o aforo do recinto para estes efectos.

Instruccións para a Confección de Pósters

Para a confección dos pósters poderase usar calquera material gráfico que poda ser exposto nun panel chairo, cun tamaño máximo de 1.2 metros de alto por 0.9 metros de ancho

(1,2 x 0,9 [m2]). Estes pósters non deben enviarse á secretaría técnica, ssenón ser expostos directamente na sala de obradoiros, que se inaugurará o día 10 de maio no Pazo de congresos. Só debe enviarse, dentro do prazo correspondente, o artigo ou paper respectivo, que se publicará nas actas do congreso se o autor se atopa debidamente acreditado e se o seu traballo pasou o proceso de selección previo, e recibiu a respectiva aceptación.

Lembramos que o envío de papers debe realizarse á secretaría técnica do congreso antes do 26 de Marzo de 2008.

Instruccións para a Redacción e Confección de Traballos

Por favor, siga as instruccións detalladas a seguer. Use a plantilla para Microsoft Word, disponible aquí.

Xerais:
  • Non existe límite sobre o número de páxinas do artigo, aínda que no proceso de selección avaliarase a síntese e a claridade dos artigos presentados.
Tipo de letra:
  • Texto Normal: Use o tipo de letra Verdana.
  • Título e Autores: O título (en Verdana, 18 puntos negriña), o apelido e nome dos autores (en Verdana 10 puntos negriña) e os seus enderezos (en Verdana 10 puntos) deben ser escritos desde a marxe esquerda e por todo o ancho da páxina. Faga constar o teléfono de contacto e o correo electrónico.
  • Encabezamentos: Título en verdana, 10 puntos negriña en cor branca sobre fondo gris e en maiúsculas.
  • Referencias e citas: Escriba sempre as referencias do seguinte xeito: un número entre corchetes [1] no texto, e a súa correspondente referencia ao final do escrito (véxase este exemplo). Só se poden indicar referencias de textos publicados e accesíbeis ao público en xeral. Pódense citar informes internos sempre e cando podan ser facilmente solicitados polo leitor. Neste caso, indique un enderezo de referencia. Recomendamos o uso do estilo para o software de referencia bibliográfica EndNote. As instruccións atoparaas no apartado correspondente. .
  • Números de páxina: Non escriba números de páxina, nin tampouco encabezamentos ou pés de páxina.

Cadro de Estilos

Texto Normal
Títulos

Nomes de autor

ENCABEZAMENTOS



Referencias Bibliográficas
  • As referencias deberán ser escritas en espaciado simple e ordeadas alfabeticamente, baixo o encabezamento "Referencias ", principiando nunha páxina separada e ao remate de todo o documento. As referencias deberán aludir só ao material presentado dentro do texto.
  • Non abrevie os nomes das revistas.
  • Os autores son responsábeis do contido dos traballos presentados, e polo tanto, o uso do material que non sexa localizábel por mecanismos públicos (teses non publicadas, working papers, traballos non publicados, etc.) débese limitar ao estritamente esencial para o traballo.
  • O estilo de referencia está baseado no estilo recomendado por Harvard, no "Style Manual for Authors, Editors and Printers", publicado por Wiley en 2002. Algúns exemplos de cita dentro do texto son os seguintes:


  • Estilos de Bibliografía

    1. Jones (1996) y Phelps & Black (1989) mostraron que...

    2. Estudios recientes han mostrado que el periodo de tiempo es mayor (Cohen, 1997; Smith & Johnson, 2003).

  • Os estilos da bibliografía que deben usarse son indicados na seguinte táboa.


  • Estilos de Bibliografía

    Libro

    Leavitt, H.L. (1982). Managerial psychology. Chicago: The University of Chicago Press.

    Artigo nunha revista

    Ma, C.K., Rao, R.P., & Sears, R.S. (1992). Limit moves and price resolution: A reply.The Journal of Futures Markets (12) 4, 361–363.

    Artigo nun libro

    Baker, F.M., & Lightfoot, O.B. (1993). Psychiatric care of ethnic elders. In A.C. Gaw (Ed.), Culture, ethnicity, and mental illness (pp. 517–552). Washington, DC: American Psychiatric Press.

    Artigo non publicado presentado nunha conferencia

    Black, L., & Loveday, G. (1998, February). The development of sign language in hearing children. Paper presented at the annual meeting of the Professional Linguistics Society, Munich, Germany.

    Actas publicadas de conferencias ou simposios

    McNeil, C.B., Eyberg, S., Eisenstadt, T.H., & Newcomb, K. (1997). Marital status and living arrangements. In W. W. Hartrup & Z. Rubin (Eds.), American Psychological Association Proceedings No. 512 (pp. 1–25). Washington, DC: American Psychiatric Press.

    Teses doutorais non publicadas

    Smith, A. (2001). Analyses of nonunion American companies in the late 1990s. Unpublished doctoral dissertation, Georgetown University, Washington, DC.

    Fonte electrónica

    Marcel, B. (2003) Diagnosis of intranet applications. http://www.paradinfo.org/~marcel/diagn.htm. Available on 12/05/2004

Uso do Software de Referencia EndNote
  • EndNote é un Software que recomendamos aos autores para simplificar os procesos de publicación e revisión. O uso de ferramentas de xestión bibliográfica como esta permite ademáis, aplicar estilos de publicación como o que se solicita aquí.
  • Para coñecer máis acerca de EndNote, visite www.endnote.com
Abstract e Palabras chave
  • O seu artigo comezará cun abstract de 100 palabras como máximo. O abstract será unha exposición resumida do seu traballo na que se mencionará o problema investigado, o enfoque de investigación e os resultados obtidos. A seguer, indicará unha serie de palabras chave que permitan situar o seu traballo.
Páragrafos e composición de apartados
  • Os títulos dos páragrafos deben escribirse en Verdana, en 10 puntos, negriña e coa letra inicial en maiúscula.
  • Os títulos dos subpáragrafos teñen de escribirse en Verdana, 10 puntos, cursiva e coa letra inicial en maiúscula.
  • Os títulos de cada apartado do seu texto deben estar escritos en Verdana, en 10 puntos, negriña e maiúsculas. Non os numere.
  • Os espazos en branco antes de cada apartado do seu texto deben estar en Verdana 20 puntos. Os espazos en branco entre páragrafos deben estar en Verdana 10 puntos.
  • Todos os elementos de cada páxina (textos e esquemas) deben coller dentro dun rectángulo de 15 cm x 25,7 cm, centrado nunha páxina A4 (21 cm x 29,7 cm). As márxes son as seguintes:
    • Marxe superior: 2 cm
    • Marxe inferior: 2 cm
    • Marxe esquerda: 3 cm
    • Marxe dereita: 3 cm 
  • Nas páxinas posteriores á primeira, comece a escribir no alto da páxina, sen deixar espazos entre a marxe superior e o texto. Todo o seu texto estará xustificado (marxes esquerda e dereita).
Estilo e Contido
  • Escriba para un público internacional. Para iso:
    • Empregue un estilo directo e facilmente comprensíbel.
    • Explique, en poucas palabras, o significado dos termos técnicos que use.
    • Indique o significado das abreviacións cando as mencione por primeira vez -por exemplo, “UB (Universidade de Bogotá)”
    • Facilite a comprensión de datas, horas, divisas, etc., que se indican de maneira distinta segundo os países (p. ex.: “1-5-99” o “5-1-99” poden querer dicir 5 de xaneiro ou 1 de maio; $ pode indicar Dólares, Pesos...)
  • Inserte os seus esquemas e ilustracións (en cor branca e negra) ao longo do seu texto e consonte vaia referíndose a eles. Poña un título (en Verdana 8 puntos) a cada unha das súas imaxes. Empregue imaxes de baixa resolución na medida do posíbel.
  • Se utiliza táboas, asegúrese de que non son obxectos insertados que acheguen datos ao texto.
Táboas
  • Recoméndase o uso de táboas simples, cun uso moderado de cores. O contido cinxirase ao tipo de letra Verdana.
  • Deberá pórse especial atención de eliminar calquer información oculta nas táboas, nomeadamente cando se copien directamente desde outras aplicacións informáticas ou cando proveñan de datos filtrados desde consultas a bases de datos.
Imaxes e fotografías
  • Recoméndase o uso de imaxes en resolución media (600dpi), ou ben optimizadas para o seu uso en web (72dpi), e o uso de formatos estándares como JPEG, GIF, TIFF o BMP
  • O tamaño das imaxes cinxirase sempre ao da publicación. No caso de ser estritamente necesario incorporar imaxes de maior tamaño ou resolución, estas deberán ir engadidas como anexos ao artigo e en arquivos independentes claramente sinalados.
Plantilla

Secretaría do Congreso: info@orpconference.org