|

|
| Premio |
|
APRESENTACIÓN
ORP’2008 é un Congreso Internacional de Prevención de Riscos Laborais que, coma en edicións anteriores, conta cun gran soporte científico internacional, xa que na organización participan universidades de EUA, Finlandia, Holanda e Italia coordenados pola Universidade Politécnica de Cataluña (UPC), circunstancia que lle deu ao Congreso unha proxección profesional e científica de grande relevo internacional.
O obxectivo do ORP é construir un foro internacional para intercambiar información sobre os avanzos máis recentes nas tendencias, os métodos e proxectos de traballo, as técnicas e ferramentas de ergonomía, seguranza, hixiene, medicina laboral, psicosocioloxía, formación e xestión da prevención, e a integración destes baixo o concepto da responsabilidade social corporativa.
O ORP celébrase cada dous anos en España, sendo en 2008 A Coruña a cidade que acolle o acontecemento. A
Universidade Politécnica de Cataluña (UPC) coa súa faceta científica, a compañía de comunicación
Grupo ADI, na súa faceta empresarial, e a Xunta de Galicia, no ámbito institucional, danlle pulo a esta nova edición do certame. A cita será os días
14, 15 e 16 de maio de 2008 no Palexco, o Pazo de Exposicións e Congresos A Coruña.
Neste marco e coa intención que se instaure na presente edición e todas aquelas que a sucedan, a Organización do ORP desexa outorgar galardóns a profesionais, empresas ou institucións coa intención de premialos pola súa implicación, labor e resultados en beneficio da Prevención dos Riscos Laborais.
|
|
OBXECTIVO
O obxectivo principal das devanditas distincións é o de destacar aos profesionais, empresas ou institucións que contribuiron, co seu compromiso e esforzo, ao debate, investigación, divulgación e aplicación da Prevención dos Ricos Laborais.
Ostentan la presidencia del premio internacional ORP 2008 en representación
de España el Sr. D. José Luís Méndez Romeu, Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de la Xunta
de Galicia, y en representación de Chile el Sr. D. Javier Fuenzalida.
Superintendente de Seguridad Social del Gobierno de Chile.
|
|
CATEGORÍAS DE GALARDÓNS
|
< Premio Internacional ORP’2008 >>
 |
Máxima distinción que se outorga a unha empresa, entidade ou profesional de
ámbito internacional para recoñecer a súa traxectoria a un labor adicado ao compromiso de difundir e aplicar os valores da Prevención dos Riscos Laborais.
|
|
|
< Recoñecementos Públicos ORP’2008 >
|
A Organización do ORP pretende recoñecer publicamente a:
“Empresas” ou “Profesionais”
Que durante o exercizo anterior destacaran pola súa contribución aos valores da Prevención dos Riscos Laborais.
“Mellor Cartaz”
Que se presentara na presente edición do ORP, como ferramenta de comunicación que contribúa a divulgar aspectos da Prevención dos Riscos Laborais. Os cartaces son un material gráfico de exposición dos principais aspectos do traballo presentado, e onde deben resumirse con claridade didáctica as súas conclusións, ou exporse as ideas forza que os autores desexen transmitir ao público que os visita. Coa finalidade de potenciar a divulgación dos traballos prácticos realizados polos autores inscritos, contémplase la posibilidade de que podan ser expostos nunha das zonas do Congreso, mais, a criterio do xurado será o mellor de todos os presentados o que reciba o Recoñecemento como “Mellor Cartaz”.
“Mellor Comunicación”
Que se presentara na presente edición do ORP e que contribúa a potenciar, fomentar e divulgar os valores da Prevención dos Riscos Laborais. Os participantes tiveron de realizar os seus traballos segundo as áreas temáticas do Congreso. Estes traballos serán avaliados polo xurado, e todos aqueles seleccionados serán publicados nas actas do Congreso. A “Mellor Comunicación” será a que recibirá o galardón.
|
|
|
|
ACTOS DE ENTREGA DOS GALARDÓNS
|
< Premio Internacional ORP’2008 >>
- Data: 15 de Mayo de 2008
- Hora: 21:00 h
- Lugar: Hotel Hesperia Finisterre de A Coruña
- Marco: Cea oficial do Congreso ORP 2008
|
|
|
< Recoñecementos Públicos ORP’2008 >
- Data: 16 de Mayo de 2008
- Hora: 13:30 h
- Lugar: Pazo de Exposicións e Congresos de A Coruña (Palexco)
- Marco: Acto de clausura do Congreso ORP 2008
|
|
|
|
|
|