|
|
A cea realizarase no Hotel Hesperia Finisterre en A Coruña o 15 de maio ás 21:00h no salón Miramar.
O Hotel Hesperia Finisterre é o único de 5 estrelas da cidade, situado a poucos metros do novo Pazo de Congresos (Palexco) e a menos de 5 minutos a pé do casco histórico.
Un dos aspectos máis coidados polo Hotel Hesperia Finisterre é o gastronómico, o bo facer da cociña e o tratamento especial e personalizado, marcan a diferenza, todo iso nun ambiente cálido e nun marco inesquecíbel con vistas ao mar.
O menú escollido para esta cea pretende fusionar a alta cociña cos ingredientes da terra.
|
Aperitivo de benvida
Canapé de queixo do Cebreiro
Pan de millo con xelatina de tomate e ventresca de atún
Croquetas de bogavante
Zamburiñas gratinadas á galega
Brick de chacina, san simón e langostino
Mesma adega que durante a cea, ademáis de augas, cervexas e refrescos
Menú
Carpaccio de pulpo, pataca confitada, brotes e pimentón
***
Sopa de melón, mexillón e labras de ibérico
***
Xarrete de tenreira galega lacado con cachelos e espárragos trigueiros
***
Canelón de filloa recheo de mousse de licor café con xelado de mazá Gran
Smith
***
Petit Four
Adega
Albariño. Condes de Albarei
Rioja. Marqués de Arienzo
Augas, cafés e infusións
Prezo: 60 euros (pagamento a realizar na inscrición do Congreso)

|